Os alumn@s de 3º B aprendemos a convivir.

Na nosa clase somos moitos nenos e nenas e, coma en todas as clases, sucede que queremos falar todos á vez, ser os primeiros na fila... Por iso, en ocasións, temos algún problema para convivir.

Pero, agora que xa somos maiores, podemos pensar nunhas normas que nos beneficien a tod@s e coas que consigamos levarnos mellor. E iso foi o que fixemos.

Primeiro tivemos que pensalas, moi amodiño, porque as normas están para que as cumplamos todos. A profesora fíxonos reflexionar poñéndonos uns debuxos e facéndonos contestar a algunhas preguntas.

Despois tod@s votamos as normas que nos parecían importantes e tamén o que se faría se algún de nós non as cumplía.

Agora témolas escritas na clase, para recordalas e aplicalas. Porque a escola ten que ensinarnos algo máis que os números e as letras. Por iso nós estamos...
aprendendo a convivir.

















Aquí estamos reflexionando e elaborando as normas.
Custounos bastante esforzo pero... ao final conseguímolo.


Como vedes fixemos unha votación en toda regra.
Como en calqueira democracia saíu o que votou a maioría.

















Tod@s firmamos o papel onde están escritas porque tod@s estamos dacordo e nos comprometemos a cumplilas.














Colgámolas no taboleiro da aula para recordar sempre o que nós decidimos.





















Sentímonos orgullos@s do traballo que fixemos pero, o máis importante é...





















que tod@s estamos aprendendo a ser mellores persoas.




Visita de 3º A a Bonilla

O pasado día 26 de novembro, os nenos e nenas de 3º A, xunto coa nosa profesora María, fixemos unha visita á fábrica de patacas fritas de Bonilla.
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.
A continuación podedes ver algunhas fotos e debuxos dos nenos e nenas da nosa clase. Ademáis, a nosa compañeira Claudia fixo unha redacción acerca da visita.

Esperamos que vos guste!





¿Cómo se hacen las patatas?

Por Claudia Rey Felípez (3º A)

Cuando llegamos a Bonilla tuvimos que esperar a que los de 3º B hicieran la visita, mientras nuestra profe María nos sacaba fotos en grupo.

Había una máquina que cogía los sacos grandes de patatas. Esa máquina las pelaba y las limpiaba. Luego la chica nos enseñó la diferencia entre una patata pelada y una patata que no estaba pelada.

Había una caja azul con huecos y salía el agua sucia, después la máquina las cortó muy finitas.

Después, en una máquina, las salaron y las frieron. Salía mucha espuma y esa espuma se llamaba almidón.

Había un chico que escogía las malas para tirarlas y las más buenas y grandes, medianas y pequeñas para las bolsas o botes.

Había una máquina que hacía las bolsas y las cortaba.

Había una especie de mesa que daba vueltas y de ahí cogían las bolsas de patatas.

Había una máquina que ponía fixo a las cajas.

Después, en el almacén, había unas máquinas que se llaman elevadores y elevaban las cajas a unas estanterías.

Y después la chica fue tan amable que nos dio bolsas con patatas y zumo.

QUE MEDO DE SAMAÍN!

Este ano os OSOS e os PARRULOS voltamos a celebrar o noso Samaín de medo, pero este curso o vivimos diferente posto que xa temos 4 anos. Xa somos maiores!
Como nos gusta moito participar nas actividades do cole trouxemos as nosas cabazas da casa. Estabamos moi contentos.

Despois alumeámolas.

E aprendemos versos do libro “La mansión misteriosa” e a canción das pantasmas.

Ademais Samuel Veiga trouxo a receta dos “Buñuelos de cabaza” e os degustamos. Tamén probamos pipas de cabaza.
Estaban para chuparse os dedos!

E por suposto visitamos as exposicións que había por todo o cole.

Que traballadores somos!

MAGOSTO!!

Non te perdas a nova webquest sobre o Magosto que estivemos preparando. Vai ao menú da dereita e fai click en Webquests Magosto. Aprenderás moitísimas cousas sobre o Magosto. Atréveste?
Como xa sabes, no noso cole celebramos esta festa tradicional en catro tandas, un venres para cada un dos ciclos. Polo tanto, mes de novembro, mes de magosto!

Este ano recibimos a visita de Pablo, o gaiteiro de Lendo, que nos contou cousas interesantísimas sobre esta festa e sobre o froita rei da tempada: a castaña. Moitas grazas, Pablo! Cantas cousas nos ensinaches!
E coma toda festa que se precie, comemos e bailamos ao son da música. Alguén da máis? Mira as fotos e desfruta. Conforme vaiamos tendo máis irémolas colgando para que todos as vexamos.





Os científicos de Infantil!

Os nenos e nenas da clase de Teresa e Úrsula, é decir os maiores, convertímonos por uns días en científicos e para iso fixemos este experimento tan divertido que queremos compartir convosco e tan fácil que o podedes facer vós na casa.


Os pasos son:

1. Unha probeta con pouca auga
2. Meter tinta de rotulador dentro da probeta
3. Introducir o clavel Branco facéndolle un pequeno corte no talo ( aínda que podedes probar con outras cores ou introducir un clavel en dúas probetas pequenas de distintas cores )

4. Esperar unhas horas



Esperamos que vos guste!